Durante moitos anos, o misterio romántico embargou esta obra de Doisneau. Moitos pensaron que era unha fotografía instantánea, que o autor tomara nas rúas parisinas. Porén, anos despois sóubose que en realidade era un pousado duns estudantes de teatro. Françoise Bornet e o seu mozo, Jacques Carteaud, son os protagonistas. Gran fotografía que soubo subliñar o carácter do momento: o movemento coas persoas nun difuminado, o axetreo de París, o momento único que constitúe o beixo. Para o autor, a fotografía era unha metáfora do superfluo.
A historia conta que desde unha cafetaría, Doisneau viu unha parella efusivamente bicándose, con certa maxia. Porén, anos despois, por unha denuncia pública da parella que dicía ser a protagonista, coñeceuse a verdadeira historia: o fotógrafo coñecéraos nese bar e pedíralles que pousaran para el.
Esta fotografía pertence a unha serie de "Beixos" que foi encargada en 1950 a Doisneau pola prestixiosa revista Life.

'O beixo do Hôtel de Ville. Robert Doisneau. 1950'
1 comentario:
que monito... e que eu derritome con estas cousiñas!!! pois si... o momento unico do beixo, que todo o que anda ao redor difuminase, e nada importa, só ti, ti mais el... que bonito é o amor!!!
14_nov
Publicar un comentario