Onte a miña vila acolleu un acontecemento cultural importante, que xa posteamos: os 100 anos de Laxeiro. Un despregue de medios converteunos en centro cultural galego por unhas horas (e eu que me queixo sempre da falta de cultura de Lalín!) e alá fun eu, teño que recoñecer, máis polo reclamo da visita de César Antonio Molina, poeta desgrazadamente reconvertido en ministro (xa sabedes que non me gusta a política). O mellor de todo foi oír ao noso flagrante alcalde -que sempre consegue que me suban todas as cores cando fala, non o podo remediar- afirmando que ese era un acto para os de fóra, non para os de Lalín. Non sabía que se requería invitación.
Non vos vou contar quen estaba na mesa nin entre o público: para iso tedes xornais e blogues bastantes que falen do acontecemento. Para min foi un pracer pescudar caras e recoñecer faces que sempre vexo en papel impreso, e ata a sempre encantadora Chus Pato me presentou a poetas que por alí pululaban e que se preguntarían quen demos era eu. Porén, debo reflexionar sobre isto da cultura: só é cultura cando falamos de letras e pintura? Os científicos non son cultura? Que é, ao fin e ao cabo, a cultura? E recoñezo que a min o que máis me intriga é o método de selección para depurar invitacións para o acto de onte.
Sobre o acto en si (eu non vos podo falar do cocido posterior por razóns obvias) unha reflexión e por suposto unha opinión moi persoal: hai xente que parece dirixirse ao público sen saber que vai dicir con anterioride (a presentación de Reigosa, desde o meu punto de vista, foi bastante mala... incluído o seu galego) e a única muller da mesa brillou con luz propia, cun discurso curto, sensible e exquisito no que fixo gala da súa formación de bióloga -resultaba divertido escoitar ao cónxuxe adiantándose ás súas palabras, para algo foron compañeiros de carreira!-. Non son obxectiva, supoño, pero o señor ministro defraudoume cun discurso demasiado longo e demasiado culto. Ninguén é perfecto.
O mellor, o final. A voz de Uxía Senlle traspasou almas coas súas cancións sobre todo co máis fermoso poema de amor de Celso Emilio, acompañada da música de Budiño. Un peche de luxo.

Sen comentarios
Publicar un comentario