O meu bo amigo Xabier Campos regaloume este libro hai xa cinco anos, un libro que devorei en pouco tempo e do que cumpría falar.
Esta obra converteuse nun dos grandes éxitos mundiais do teatro. Estreouse nos 90 e gañou varios premios, traducíndose a máis de 45 idiomas e levada ao escenario en 120 países. Escribiuna a feminista estadounidense Eve Ensler, sendo o epicentro dun movemento sen fins de lucro que loita en contra da violencia cara á muller. Escribiuna despois de entrevistar a máis de 200 mulleres acerca do sexo, as relacións amorosas e a violencia de xénero. Foi creada como crítica social chea de humor e sinceridade. Unha chamada á reflexión.
Afronta o tema da vergoña que a cultura machista transmitiu ás mulleres cara ao seu propio corpo e en especial cara á vaxina. Por iso é esta a que se expresa, de xeito simple e forte.
No capítulo The Good Body denúnciase o sutil poder oculto e mediático que nas nosas sociedades demócratas impón unha certa idea da muller e do corpo feminino, en especial a través da publicidade, onde os homes impoñen ás mulleres un modelo de muller: céntrase no tema da obsesión do corpo perfecto, que non envellece nunca e sempre está tonificado.

“Estaba preocupada polas vaxinas. Estaba preocupada polo que pensamos das vaxinas e aínda máis preocupada de que non pensemos nelas (...) Así que decidín falar coas mulleres acerca das súas vaxinas, facer entrevistas sobre as vaxinas, que se converteron en “Los monólogos de la vagina”. Falei con mulleres vellas, mulleres novas, mulleres casadas, solteiras, lesbianas, profesoras universitarias, actrices, executivas, traballadoras do sexo (...) Ao principio eran reacias a falar xa que se sentían un pouco tímidas. Pero unha vez que arrancaban non podías paralas”.
Sen comentarios
Publicar un comentario