Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/03/08

O día da marmota

Non sei se coñecedes este filme: Atrapado no tempo (Groundhog day, O día da marmota).
Que facer se toda a vida se vivise o mesmo día?
Esta comedia plantexa cuestións de carácter ético sobre como comportarse cos demais, pero tamén de tipo existencial, pois ás veces sentímonos sós ou atrapados e non sabemos como saír dese círculo que os antigos gregos chamaban "o eterno retorno do idéntico". O filósofo alemán Friedrich Nietzsche dixo que os humanos deberiamos aceptar a vida até o punto de chegar a asumir que sempre nos sucedese o mesmo, é dicir, conformarnos co que nos vai ocorrendo de xeito que non nos importase volver a vivilo. As súas palabras son desacougantes: Imos supór que certo día ou certa noite un demo se introducise furtivamente na soidade máis profunda e che dixese: Esta vida tal como ti a vives e a viviches terás que vivila aínda outra vez e aínda innumerables veces; e repetiraseche cada dor, cada pracer e cada pensamento, cada salaio e todo o indiciblemente grande e pequeno da vida.



Vía La lechuza de Minerva

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non é o normal en min pero permitídeme enferruxar neste blogue co tizón do optimismo. Porque digo eu, aínda que así fora... hai algo mellor que vivir? pois non, porque non vivir non é a inconsciencia da dor senón a ausencia de todo.
Uiiiissss!! filosófico m´apuesto...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.