Din que é o mellor pintor realista do mundo e, a xulgar polo visto, non resulta difícil crelo. Imán Maleki (1976, Teherán) pintor iraní e xenio do realismo, galardoado co premio William Bouguerea e o “Chairman’s Choice” na II Competición Internacional de Art Renewal Center, deixa ver, máis alá da súa mestría, a sutileza do intre.
“Os seus debuxos compiten coas cámaras dixitais de 10 Mega píxeles”, aseguran.
Contempla algunhas das súas obras e fíxate en todos os detalles. Asegúroche que non son fotografías...
3 comentarios:
Impresionanate realismo.
É incrible a capacidade dalgunha xente para observar os detalles do que nos rodea (e outros andamos como rompetechos pola vida...).
Sen ter idea sobre o tema, creo que a ista tendencia lle chaman hiperrealismo e hai algúns exemplos que poñen os pelos de punta. Fixádevos por exemplo neste cadro:
http://www.artelista.com/images/obras/big/1/2/8/3006942289225241.jpg
Un saúdo para todos.
Realmente impresionante! Máis parecen fotografías que cadros. Me encantan!
Publicar un comentario