Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/08

Pola Igualdade da Muller (II)

Xustamente hoxe chegoume un "emilio" de tantos que chegan ás nosas mans, pero moi apropiado para estas datas, polo que decidín reproducirvos o "chiste", que, por certo, chámase "Enigma":
Un home chega á casa do traballo e topa aos seus fillos no xardín aínda co pixama posto, xogando coa lama, con caixas de comida baleiras e os envoltorios destas esparexidos polo xardín.
A porta do coche da súa muller estaba aberta, así como a porta de entrada da casa e non había sinais do can.
Ao entrar, aínda maior desorde. Unha lámpada caída no chan e a alfombra contra a parede.
No salón a televisión a todo volume cun canal de debuxos animados e todo cheo de xoguetes e roupa.
Na cociña a pila chea de cacharros, o almorzo derramado, a porta do frigorífico aberta, a comida do can tirada polo chan, un vaso rompido debaixo da mesa e un pequeno montón de area detrás da porta.
Inmediatamente subiu os chanzos esquivando os xoguetes e pilas de roupa buscando á súa muller, preocupado por se estaba enferma ou lle ocorrera algo serio.
De camiño á habitación viu como corría a auga por debaixo da porta do baño, entrou e topou escuma e xoguetes, quilómetros de papel hixiénico amontoado e pasta de dentes no espello e paredes.
Entrou no dormitorio e topou á súa muller na cama, lendo unha novela.
Ela mirouno, sorriulle e preguntoulle que tal lle fora o día.
El fitouna furioso e preguntou: "Que pasou hoxe aquí?
Ela sorriu de novo e contestou: "Sabes cando volves todos os días do traballo e pregúntasme, Por Deus, pero que coño fas todo o día?"
-Si, contestou el incrédulo.
Ao que ela respondeu:
- POIS HOXE NON O FIXEN!!!

1 comentario:

Montse dixo...

Molt bo l'acudit i l'enigma.
Bicos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.