Como sabedes, o 8 de marzo celébrase o Día Internacional de Muller. E aínda que cremos que non deberían existir este tipo de días se realmente fósemos capaces de construír unha sociedade xusta, e aínda que todo o ano este é un tema que abordamos con frecuencia, toda esta semana previa ímola dedicar á loita pola igualdade. Todas as entradas do blogue estarán vencelladas á situación da muller, ou a algunha muller en particular, etc.
Sabemos por que este día e non outro. Se non tedes suficiente información, ide a esta ligazón. Hoxe ofrecémosvos esta presentación que recollemos de Iguales en las tres mil e unha ligazón coa súa propia versión de "Hombres por la igualdad".
Sen comentarios
Publicar un comentario