Ao cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar man do cine.
Hoxe, anticipándonos aos acontecementos, propoñemos dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos amosan diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.
Botaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

E seguindo coa inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.
Pasada a xuventude, toca vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron é preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo, e iso é o que fai Amelie.
Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos. 
Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.
E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida se nos invita a unha profunda e última reflexión.
2 comentarios:
escaso de tempo
pero con
ganas de comentar algo
a violencia non é un problema só de agora ??
puxen un enlace do meu blog ó teu
haber se alguén se acorda de
comentar.
Publicar un comentario