Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/03/08

Terremotos homosexuais

Segundo un deputado israelí relixioso ortodoxo, os homosexuais son responsables da onda de terremotos que sacudiron Israel nos últimos meses porque, segundo el, Deus xa advirteu que non hai que "menear" os xenitais onde non se debe.
"O Talmud di que unha das causas dos seísmos, que o parlamento lexitimou, é a homosexualidade", afirmou Shlomo Benizri, un dos 12 deputados do partido relixioso Shass, refiríndose ao texto que recolle a tradición oral relixiosa xudía. Manifestou ademais que o goberno non debería reforzar os edificios senón que "non debía aprobar lexislacións que alenten aos homosexuais e outras perversións como parellas de lesbianas que adopten nenos"

As declaracións falan por si soas, e falan das limitacións mentais que impoñen relixión e estupidez e mesmo a falta de contacto co mundo que pode nacer dos fanatismos.
Por suposto, a Asociación de Homoseuxais e Lesbianas, ademais de condenar estes comentarios, están impresionados dos seus propios poderes, até o de agora descoñecidos, por outra banda. Outros prefiren pensar, con moita sorna, que os terremotos dependen da intensidade do coito. Busquemos o epicentro...


1 comentario:

Anónimo dixo...

bueno bueno non mo podo crer...Estes israelis son a leche...!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.