Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/03/08

Vivir adrede


Inevitábel. Entrei na librería e vin o último libro de Mario Benedetti: Vivir adrede. E por suposto, merqueino. E lino. Non é do mellor dos seus libros, moi lonxe daquel La borra del café ou de La Tregua. Pero segue permanecendo a súa esencia, aínda que ás veces con temas recorrentes ou con críticas manidas que nos arrancan benévolos sorrisos, pero sempre con esa sensible percepción das palabras. Non son contos nin relatos, non nos enganemos, como di a contracapa do libro, senón que son opinións, viñetas, crónicas. Reflexións sobre a vida, sobre as inxustizas, sobre a sociedade, sobre o paso do tempo.
"Decirle adiós al buen amigo es una ruptura que lastima, pero decirle adiós al enemigo es todo un festival. Los cómicos son especialistas en ocultar su tristeza. Los filósofos, en cambio, no pueden ocultarla, ya que es su razón de ser y de pensar. La historia no registra filósofos alegres, salvo los hipócritas, que también los hay en ese refinado gremio. La sinceridad de la tristreza suele nutrirse del amor; la sinceridad del amor suele nutrirse de la alegría."

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois a ver cando mo deixa vostede, dona Gracia, que eu estou morrendo por lelo. La borra en el café encantoume e Ta Tregua téñoo pendente aínda, pero bueno,pouco a pouco voume Benedettizando, como dixo Fran Alonso.

Anónimo dixo...

Ola, Gracia. Hai pouco tempo que coñezo o teu blogue e dende aquela sempre lle boto un ollo porque temos moitas coincidencias en cinema e literatura. Para min Benedetti é un autor importante, nomeadamente como contista e poeta (aínda que moitos desprezan a súa poética do cotián), tanto é así que xa dialoguei con Primavera sobre una esquina rota ou cos seus poemas, como aquela defensa da alegría que os artista están a utilizar agora para apoiar a zp. Aínda non lin este Vivir adrede, mais agora dubido entre meterlle o dente ou deixalo pasar, porque non hai tempo para tanta lectura pendente. Saúdos literarios e parabéns por estes ronseis.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.