O espectáculo que ofrecerá Butterfly World será o de ver 10000 bolboretas de todas as cores e formas voando ao mesmo tempo, xa que será a maior carpa do mundo destinada a estes insectos. Butterfly World abrirá as súas portas dentro de tres anos en Londres, nun proxecto que conta co pulo de notables naturalistas británicos, coma o divulgador David Attenborough, o "home da natureza" da BBC.
Este santuario de bolboretas está destinado a deter a desaparición de especies, algo que se acentuou non últimos anos en diversas partes do mundo, xa que a súa particular sensibilidade aos cambios no seu contorno natural convérteas en fieis indicadores do deterioro medioambiental producido polo cambio climático, a transformación dos métodos de cultivo e a urbanización do medio rural.
O proxecto contempla construí unha carpa de 17 metros de alto e 100 de diámetro con especial tratamento climático, que acollerá 250 especies de bolboretas tropicais. Crearanse doce xardín exteriores que constituirán a extensión máis rica na flora silvestre do Reino Unido, coa fin de asegurar as condicións óptimas que requiren as bolboretas que teñen o seu hábitat no país. En fin, unha superficie de 11 hectáreas que debuxarán unha xigante bolboreta.
1 comentario:
Ostrás!! a bolboreta do marca páxinas!!
Incrible...
Xa o dixo o amigo dun amigo... "dichosos los que creeis sin ver..." claro que tamén dixo... "dichosos los llamados a esta cena..." e é tan complicado escoller...
Saúdos e bicos (os bicos para a autora).
Publicar un comentario