A Unión de Comité de Mulleres nace en Ramala en 1980 como unha organización popular e democrática de mulleres que traballa nas zonas de Cisjordania e a Franxa de Gaza; en cada zona realiza as súas actividades mediante Comités Locais que educan á muller a través de cursos de formación, apoiándoas con Xardíns de Infancia e Garderías e a pór en marcha novos proxectos entre mulleres, estando integrada por mulleres palestinas en xeral, cristiás, musulmás... especialmente das zonas máis desfavorecidas como campos de refuxiados e zonas rurais, contando con máis de 2000 membros de idades comprendidas maioritariamente entre 16 e 40 anos. A súa presidenta é Maha Nassar.
Entre os seus principais obxectivos atópanse o de participar na loita pola liberación da mullers, e en conceptos de liberdade política e social, así como promover e apoiar a mellora das condicións laborais en xeral, dentro da sociedade palestina, estabelecendo igualmente lazos de solidariedade e amizade con movemenos de mulleres e os seus diferentes contornos noutros países árabes ou non. Para conseguir estes obxectivos traballan en fortalecer a muller aumentando a súa concienciación, educación e preparación. Unha das medidas de apoio foi a creación de garderías en 1984; coñécense co nome de Ghassan Kanafani, acollendo a 1200 nenos distribuídos en 27 garderías, moi afectadas polo alto nivel de desemprego baixo o estado de sitio, os peches e os ataques do estado de Israel. Estas garderías infantís tentan proporcionar un alto nivel educativo, axudando a aqueles nenos de familias desfavorecidas. Nelas pártese dun ensino laico, baseado nos principios democráticos, os dereitos humanos e a igualdade de sexo.

O número de mulleres con educación incrementouse considerablemente, con emprego de mulleres en todas as industrias, incluíndo campos especializados como ciencias e tecnoloxía. A forte contribución política das mulleres animou a máis mulleres a introducirse en campos da cultura, a economía e a política. Porén, a presenza da muller palestina na toma de decisións aínda non é demasiado forte.
Unha das profesións onde a muller ten case a exclusividade é a de mestra de escola, onde se empeñan en inculcar respecto e solidariedade aos máis pequenos. Pero a educación percorre camiños tortuosos debido á ocupación e ás innumerables incursións do exército israelí. A ameaza constante da violencia fai que en calquera momento os nenos e as nenas deixen de ir ao colexio e son as propias nais as que teñen que ensinar nos interminables días de toques de queda.
Son mulleres anónimas que loitan día a día crendo na educación como pilar básico da sociedade, que loitan desde a ocupación, desde as escolas e desde os fogares.

"Se queremos ensinar unha paz verdadeira neste mundo, e se temos que continuar unha auténtica guerra contra a guerra, debemos comezar polos nenos e as nenas". Gandhi.
Sen comentarios
Publicar un comentario