A miña capacidade de evasión grazas á literatura pasa nestes intres pola novela negra, segundo podedes comprobar polos libros que vos comento. Será que non son bos tempos para a lírica? Mentres, descubro autoras -sobre todo- chamadas damas do crime actuais das que non tiña referencias. É o caso do último libro lido: Crepúsculo en Oslo, de Anne Holt, autora escandinava que foi no seu país ministra de Xustiza, nin máis nin menos. Saberá moito de crimes e de inxustizas?
A autora presenta a unha parella de investigadores humanos e bastante cribles: el, Yngvar Stubø, da policía de Oslo, é un home grandullón que perdeu a muller e a filla nun accidente; ela, Inger Johanne Vik, viviu unha historia de amor que mantén oculta no fondo do seu corazón. A novela comeza cando estes acaban de ser pais. E unha serie de asasinatos calafriantes comezan.
Será a esposa quen logre resolver e recoñecer a pauta dos asasinatos, despois de pasar unha dolorosa incursión polo seu pasado. O asasino coñece perfectamente os procedementos da policía moderna e non hai nin unha soa pista nas escenas dos crimes. Porén, que leva a matar?: o aburrimento existencial.
O mellor: un final arrepiante.

Sen comentarios
Publicar un comentario