Mary Wollstonecraft (1739-1797) foi unha pensadora que se fixo a si mesma traballando como institutriz, dama de compañía, xornalista e mesmo directora dun colexio. A súa obra Vindicación de los derechos de la mujer é unha das primeiras aportacións do feminismo filosófico polos dereitos das mulleres. Nela critica as posicións extremadamente patriarcais da pedagoxía rousseauniana, abogando por unha educación equitativa para as mulleres, que as instrúa máis alá dos coñecementos básicos para o coidado e a crianza dos fillos.
Casada co filósofo anarquista William Godwin, é a nai da autora de Frankestein, Mary Shelley, parto do que nunca se recuperou, morrendo aos 37 anos.
A filósofa adicou tempo a perfilar o seu pensamento, tratando de usar a razón nos seus escritos, loitando contra a súa propia natureza, xa que parece ser era moi pasional. Vaia!, as emocións impóñense á razón e conmoven ao individuo máis do que este quixera.
Vía La lechuza de Minerva

Sen comentarios
Publicar un comentario