Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/04/08

Fondos... mariños

O mar é aínda unha caixa de sorpresas. Antes de acabarmos con el, claro está.
O ser humano apenas explourou o 1% do fondo oceánico, a saber as cousas que aínda nos terán que amosar! Aquí vos deixo un vídeo sobre un ecosistema inexplorado en torno a un lago submarino.



A máis dunha milla baixo a superfice xelada do Antártico, un grupo de científicos descubreu un mundo abraiante de criaturas mariñas xigantescas, incluíndo arañas tan grande como platos e medusas con tentáculos que alcanzan máis da metade a lonxitude dun autobús de Londres.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.