Continuando coa colaboración iniciada hai xa algún tempo co blogue amigo Iniciarte, presentámosvos hoxe esta obra de Leopoldo Nóvoa, de quen xa falamos anteriormente.
Durante os anos 1989 e 1990 este artista galego estivo a traballar na realización dun mural de 700 metros cadrados na canteira do parque de santa Margarida na cidade da Coruña. Era un xeito de diminuír a parcela e preparar o solar para o Pazo da Ópera. Comparadas as dúas obras, a escultórica e a arquitectónica, hai que dicir que Nóvoa representou a modernidade e o Grupo Tau, autor do deseño do pazo, unha posmodernidade trasnoitada e decadente (obras de tan pésimo deseño non deberían estar costeadas con diñeiro público).
O que nun principio tiña que ser unha obra dun profundo impacto na cidadanía coruñesa, debido á súa contemporaneidade, modernidade, calidade estética e fortaleza visual, por desidia consciente da súas autoridades municipais, foi quedando no esquecemento. A vexetación pouco a pouco vai inundando este gran mural. Ademais, a realización dunha pasarela ao parque que está enriba da obra supuxo a destrución parcial da mesma. Que despropósito, que falta de respecto á creación artística!
O crítico de arte Xavier Seoane (1990) ten escrito sobre este mural:
“...(é) unha prolongación substancial do mural que realizou no Cerro, en Montevideo, nos inicios dos anos sesenta. Deste xeito, as características xerais subliñableis para o mural uruguaio podemos aplicarllas ao actual. A mesma actitude monumentalista; a mesma intención matérica en base a elementos de desfeito; o mesmo talante construtivo; similar alquimia na recuperación deses residuos que, unha vez integrados na obra, van sufrir unha mutación completa, comportándose dun xeito radicalmente diferente; en definitiva, unha parella inquietude expresiva, compositiva e conceptual.
O Mural da Canteira é unha das obras máis monumentais que teña realizado a gran liña da arte contemporánea que reflexiona sobre a materia, e nela hai, ao lado da materia, outro elemento fundamental: o espazo.
Con evidencia, no medio dunha zona tan urbana, tan compactamente urbana, o muro ha de ser un fragmento, un espello, metáfora do universo, da natureza, da materia. Cumprirá a función de achegar o home aos valores orixinarios e universais da natureza primixenia, do cosmos. Evidenciará ante o viandante un espiñazo de xeoloxía, así como o SENTIDO CONSTRUTIVO que, operando a partires do caos ou magma inicial, caracteriza á especie humana”
O que nun principio tiña que ser unha obra dun profundo impacto na cidadanía coruñesa, debido á súa contemporaneidade, modernidade, calidade estética e fortaleza visual, por desidia consciente da súas autoridades municipais, foi quedando no esquecemento. A vexetación pouco a pouco vai inundando este gran mural. Ademais, a realización dunha pasarela ao parque que está enriba da obra supuxo a destrución parcial da mesma. Que despropósito, que falta de respecto á creación artística!
“...(é) unha prolongación substancial do mural que realizou no Cerro, en Montevideo, nos inicios dos anos sesenta. Deste xeito, as características xerais subliñableis para o mural uruguaio podemos aplicarllas ao actual. A mesma actitude monumentalista; a mesma intención matérica en base a elementos de desfeito; o mesmo talante construtivo; similar alquimia na recuperación deses residuos que, unha vez integrados na obra, van sufrir unha mutación completa, comportándose dun xeito radicalmente diferente; en definitiva, unha parella inquietude expresiva, compositiva e conceptual.
Sen comentarios
Publicar un comentario