Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/08

Grace Hooper

A contraalmirante Grace Murray Hopper (1906-1992) acometeu os retos da programación dos primeiros ordenadores obtendo grandes logros. Durante a súa vida, como líder no campo dos conceptos de desenvolvemento de software contribuíu á transición desde as técnicas de programación primitivas á utilización de sofisticados compiladores.
En 1928 licenciouse en Matemáticas e Física, doutorándose en 1934, algo pouco común daquela. Cunha auténtica visión de futuro percatouse de que un ordenador sería accesible para un público máis amplo no caso de existiren ferramentas, que foran doados de programar e de utilizar. Cría que o principal obstáculo para os ordenadores nas aplicacións científicas e nas empresas era a escaseza de programadores de fácil manexo. A chave para abrir novos mundos á computación era o desenvolvemento e a mellora das linguaxes de programación, linguaxes que puidesen ser entendidas e utilizadas por persoas que non fosen expertas nin en matemáticas nin en ordenadores.
Participou activamente nas primeiras reunións nas que se formularon instrucións precisas para unha linguaxe empresarial común. Adicou gran parte do seu tempo a convencer aos directores de empresas de que os compiladores de linguaxe en inglés eran factibles. O seu concepto de validación tivo unha ampla repercusión noutras linguaxes e organizacións de programacións; acabou dando lugar a estándares nacionais e internacionais e a funcións de validación para a maioría das linguaxes de programación.
Recibiu gran cantidade de premios e distincións polos seus logros. En 1973 converteuse na primeira muller en ser galardoada con título de Distinguished Fellow (membro distinguido) da British Computer Society. O seu traballo abarcou as linguaxes de programación, conceptos de desenvolvemento do software, a verificación de compiladores e o procesamento de datos. O seu precoz recoñecemento do potencial das aplicacións comerciais dos ordenadores e o seu liderado e perseverancia en facer desta visión unha realidade prepararon o camiño para o procesamento de datos moderno.


Vía Todas

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.