Rematei hai un par de días este último libro de Henning Mankell, Zapatos italianos, e aínda non tiven ocasión para comentárvolo.
Xa sabedes que me gusta o xénero policíaco. E neste, o autor destaca. Pero ás veces foxe deste tipo de literaturas para inmiscirse nun mundo diferente, sen perder o sabor. Nesta novela prefire pintar situacións de tremendo individualismo, con personaxes anguriosamente baleiros, con destellos de fugaz tenrura e coa Soidade como feroz compañeira; o implacable inverno nórdico e a inhóspita paraxe na que vive o protagonista son reflexo do interior deste. A atmosfera de baleiro e morte que se estende na inmensidade do glaciar son castigos inflinxidos a un mesmo. Tormentos e culpas que deberán saldarse para recuperar a capacidade de vivir sen fuxir da realidade.
Mankell consegue retratar con sobriedade a un home sacudido pola traxedia sen caer no melodrama. E logra que a paisaxe, desoladora e inerme, dominada polo xeo que alcanza o horizonte, describa a elección vital do seu protagonista. Converte a novela nunha obra arriscada, existencialista e moi, moi nórdica. Porque nunha novela con poucos personaxes, auténticos suecos enigmáticos, o autor logra transmitirnos a sensación dos grandes silencios, viaxando con sons dun mundo estraño para nós.
Hai xa moito tempo recomendeivos un libro deste autor que nada ten que ver co seu inspector de policía, lembrades?: El secreto del fuego. Un libro que a xente máis nova que nos segue non debería deixar de ler. Supoño que acabamos por facernos adictos a algúns autores.

Sen comentarios
Publicar un comentario