Bolbor, sempre tan cercano, indicoume a existencia deste vídeo. Por favor, concedédeme doce minutos do voso tempo. Sentade e abraiade con esta curta, para reflexionardes posteriormente sobre o seu significado, sobre o noso sistema de valores, sobre os dereitos dos cidadáns, sobre o noso mundo. Sobre a Liberdade: ninguén a explica pero non hai ninguén que non a entenda.
O texto está dirixido en ton irónico por Jorge Furtado a extraterrestres -que descoñecen todo sobre os seres humanos, o seu planeta, os seus sistemas económicos, as súas crenzas, as súas prioridades, o seu concepto de liberdade-.
E se no anterior "post" comentastes sobre as dúas fotografías, que me tendes que dicir despois de ver esta curta?

Toda a información aquí.
2 comentarios:
Queda un sen palabras ante feitos asi.
Moi bo. Sobre todo a escala na que quedamos colocadas as mulleres e nenos...
Publicar un comentario