Xa falei tantas veces disto, que agardo a que agora sexades vós os que teñades algo que dicir. Que se note que vos interesa algo máis ca os retos matemáticos!!!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
27/04/08
Sen palabras
Atoparalo en Actualidade, Afganistán, Dereitos Humanos, Des-Humor, Fotografía, Fundamentalismos, Igualdade, Muller, Sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
9 comentarios:
As imaxes coméntanse por si mesmas; pero recoñezo que a primeira imaxe vista en directo (como me pasou a min en Exipto) resulta tremendamente impactante.
Non é sinxelo comentar estas imaxes. Cando un se enfronta ao culturalmente establecido resulta difícil sacar conclusións...
Ninguén de nós se escandaliza ao ver unhas monxas que teñen prohibido ata falar ou cousas así, cando as crenzas se mesturan co xeito de vida da xente xurden preguntas de moi complexas respostas: os homes da foto son malos?, non queren ás mozas ou mulleres?, non queren aos fillos e pais?, non respectan aos demais segundo os seus valores?... as mulleres das fotos séntense maltratadas?, son infelices?, quixeran vivir doutro xeito?, teñen necesidades que non lle permiten levar unha vida plena?, viven no fogar coma fóra?
A que é complicado responder a todo isto?
Ninguén pense que son un talibán ou algo así, dende logo que me resulta impactante e que non me gustaría que as mulleres que coñezo viviran así pero, realmente importa o meu punto de vista?, realmente podo influír no seu modo de vida?
Eu creo que as sociedades evolucionan e involucionan dende dentro, non dende fora... cal é o camiño para facerlles ver a esas sociedades que non é moralmente aceptable que as mulleres vivan así?, cal é o camiño para que interprenten doutro xeito os seus códigos relixiosos?, hai camiño para que a xente abandone as crenzas relixiosas asentadas sobre ideas xurdidas hai miles de anos?, podemos nós conseguilo aquí mesmo?
Cando menos, legalmente falando, aquí temos normas non discriminatorias (outra cousa son os feitos) mentres que alí cada sexo ten uns dereitos e uns deberes absolutamente desequilibrados (iso é discriminación, claro) e esa situación non é asumible dende o noso punto de vista. Eu téñoo moi claro se de min dependera, pero non podo pensar polo demais. Alguén me dirá, claro, porque aquí podemos escoller... pero estas mulleres, aínda que queiran, non poden!! e iso é certo (aínda que aquí tamén quedan moitas cousas por facer e non hai tanto que tiñamos cousas ata parecidas) e porque aquí non lapidamos a ninguén, nin cortamos mans, nin azoutamos publicamente, nin aforcamos... (vale, depende onde...). Entón está claro, a culpa é das normas. Algunha idea para que conseguir que as cambien?. Todo isto é terriblemente complicado.
Un saúdo.
bolbor, non cho lin todo... e q nn se pode escribir tanto. Home , aprimeira imaxe parece un home carrexando un maniquí--- e que fai tapando as mans....e os dous tipos son xemelgos...? Xa sei que nn é unha broma e que por desgraza estas merdas seguen pasando no mundo. Definitivamente a relixión aprime ás persoas, á súa liberdade, á súa criatibidade, a todo.
E nn so a relixión islámica, todas o fan dalgunha maneira. As relixións son unhas putas ( con respeto para as meretrices) porque o que hai 30 anos estaba mal, agora para non quedar como retrogrados, din que está ben.
merda, criatividade é con V
Hai que ver que impetuosa é esta xuventude... eu tamén era así hai... un par de anos.
O que oprime á xente, cando é libre de escoller, non son as relixións senón a falta de sentido crítico. Hai moitos crentes que saben ver, saben preguntarse o "por que" e o "por que non" e respectan opinións, crenzas ou non crenzas dos demais.
Seguramente non sexa malo que os humanos teñamos e fagamos idearios, o lamentable e que tamén somos nós os que os interpretamos e aplicamos... e todo é tan relativo...
Un saúdo.
Porén, querido Bolbor, respecto ao teu primeiro comentario das monxas... quizais a gran diferencia radica que son estas as que elixiron vivir así, pero no caso da relixión islámica extremista que considera a muller como un ser inferior... son as mulleres as que desexan loitar contra esta situación, pagando moitas veces coa morte. E aínda que os cambios deban producirse desde dentro, como ti aseguras, nón non temos nada que dicir? Efectivamente, é complicado, pero eu tentarei denunciar sempre este tipo de opresións. É o que está na miña man, cando menos.
Pois a min pareceme tremendo que existan mulleres no mundo que o teñan que ver a través dunha tela, a través da opinión do seu marido, pai, irmán, home...
Que non poidan sentir a auga directamente na súa pel, que non poidan ter iniciativa, creatividade, que non poidan amar a quen queiran, que non poidan falar do que senten, que non poidan sentir máis que o que lles mande o seu marido, pai, irmán, home...
Por máis que alguén me diga que elas á súa maneira son "felices", nin por todo o ouro do mundo me cambiaría por ningunha delas
Non sei, igual a felicidade se entende unicamente dende un punto de vista persoal e só se pode ser feliz á maneira de cada un. Pero quede claro que eu tampouco me cambiaría porque sei que así non sería feliz en absoluto, pero non podemos concluír que 1+1 é igual a todos.
Un saúdo.
...
Publicar un comentario