O venres pasado, 9 de maio, recibimos a visita de Víctor Omgbá. Unha reunión prevista para unha hora de duración que se prolongou até case as dúas horas polo diálogo aberto e ameno que se estableceu entre o escritor e o noso alumnado de 4º. Falamos de inmigración, de desigualdade, e sobre todo de África. O seu libro serviu de pé para establecer un conxunto de voces que amosaron o seu lado máis solidario para entender que está a pasar no mundo e de que xeito se pode solucionar. O alumnado quedou encantado do encontro, e é que cada vez que vén un escritor lles gusta máis có anterior. Tan activos son! Ogallá este tipo de encontros sirva para crear unha semente que medre sen parar e esta nova xeración sexa mellor e máis xusta. Así o tentamos, desde logo.
En canto ao seu libro, Calella sen saída, xa sabedes que pouco a pouco aparecerán as súas impresións nas Estelas dos Ronseis, que non paran de medrar. Temos lectores ávidos en 4º de ESO!
Esquecinme de facer fotos do encontro, parva de min!!!
Esquecinme de facer fotos do encontro, parva de min!!!
Sen comentarios
Publicar un comentario