Persépolis é a historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, de como medrou nun réxime fundamentalista que a acabaría levando a abandonar o seu país. A autora píntase a si mesma desde o seis anos: unha nena valente que dita a súas propias leis, revolucionaria e seguidora dos Iron Maiden.
O cómica comeza a partir do ano 1979 achegándonos á realidade do seu pobo, sobre todo dun xeito sinxelo e duro á vez, a memoria histórica de Irán desde a tiranía do Shaa até a vitoria de Jomeini. Vivimos así os cambios sociais, a prohibición das liberdades individuais, a represión, o estalido da guerra Irán-Iraq e a imposición do veo á muller: narra como un país se desintegra e volve cara a atrás na independencia de pensamento e en dereitos humanos.
Persépolis fala sobre o choque de civilizacións e descubrimos como todos os seres humanos sentimos, amamos, e desexamos a liberdade e a prosperidade por igual. É ademais unha homenaxe á familia da autora que pereceu por ideas políticas.
En xuño do 2007 estreouse a película baseada no cómic, unha película de animación dirixida por Vincent Paronnaud e producida por Xavier Rigault e Marc-Antoine Robert, con música de Olivier Bernet, acadando unha nominación á Palma de Ouro, conseguindo o Premio do Xurado no Festival de Cannes e o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila.
Foi o primeiro cómic iraní da historia, un símbolo de tolerancia e liberdade.Vía Lápices para la Paz
Sen comentarios
Publicar un comentario