Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/05/08

A letra que manda

Se agora vos preguntase cal é a letra que manda, seguramente me mirariades sen entender que é o que pregunto. Que necidade! debuxarían moitos ollos con sorrisos burlones. Porén, hai unha letra que manda no mundo mundial (dádesvos conta: 3 M iniciais, que pista!): o M, si, o M, de miseria, de money, de morte...
O M de Miseria asola, por exemplo, medio Calcuta: din que é a cidade do mundo con máis leprosos e maior número de persoas vivindo na indixencia.
Detrás do M de Miseria, está o M de Money. Sen cartos non hai esperanza, non hai nada. Os cartos determinan que ou quen ten dereito a vivir na maioría dos países do mundo. Así pois, a pobreza significa Morrer antes que os habitantes dos países máis ricos simplemente por non ter cartos para conseguir Medicamentos. Calcúlase que todos os anos Morren case 11 millóns de nenos (ou sexa, 30000 nenos ao día) antes de cumprir cinco anos de idade. A maioría destes nenos viven en países en desenvolvemento e morren como resultado dunha enfermidade ou unha combinación de enfermidades que se poden previr ou métodos que xa existen de baixo custo.







Vía Lápices para la Paz

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.