Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/06/08

Cyd Charisse

Este martes día 17 morreu Cyd Charisse, a que foi estrela dos grandes musicais de Hollywood. Nada en Amarillo, Texas, o 8 de marzo de 1921, como Tula Ellice Finklea, pronto se veu que estaba moi dotada para o baile, polo que recibiu clases de ballet e chegou a formar parte do Ballet Ruso de Sergey Diaghilev baixo os seudónimos de Felia Sidorova ou María Istomina. Posteriormente, xa no cine, cambia o seu nome a Cyd, a partir do apelativo con que a chamaba seu irmán: Syd (sister). Ademais de estar dotada para o baile a súa espectacularidade enchía toda a pantalla grazas ás súas pernas de vértigo, aseguradas en 1952 por 5 millóns de dólares. Traballou con Fred Astaire e Gene Kelly en numerosas películas da idade de ouro dos musicais. Foi protagonista de dúas das secuencias máis aclamadas da historia dos musicais: o ballet de Broadway Melody en Cantando bajo la lluvia, xunto a Gene Kelly, e o Girl Hunt Ballet en Melodías de Broadway, con Fred Astaire. Apareceu tamén noutros destacados títulos do xénero como Brigadoon, Siempre hace buen tiempo ou La bella de Moscú.






Vía Bajo el Signo de Libra

1 comentario:

Anónimo dixo...

Pois non conocía esta actriz nin estas pelis... pero teñen boa pinta!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.