Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/06/08

Párate a pensar

Esta campaña de calado político-social "Párate pensar polo que puidese pasar" púxoa en marcha a cadea MTV e foi dirixida por Michael Francini. É unha chamada de atención sobre unha sociedade que vive o momento sen se parar a pensar, obviando os grandes problemas e mergullándose nunha voráxine de individualismo. "O holocausto ocorreulle a xente coma nós" é a contundente e lapidaria frase coa que pechan os spots, feitos con flash back fotográfico e que provocan, cando menos, desazón.






Vía Las blog en punto

1 comentario:

Anónimo dixo...

Dende logo foi un dos acontecementos máis terribles da historia moderna. Non sei se pode haber algo máis horrible aínda... é posible que algo análogo a isto siga a suceder, con outros autores, con outras vítimas, con outros métodos?

Sigamos reflexionando...

Un saúdo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.