Entereime por casualidade de que o noso lector e amigo Bolbor gusta moito da Química, cousa un tanto estraña nun biólogo tan apaixonado, e decidín homanexealo con este vídeo que vin en Fogonazos. Alí cóntannos como o mundo da química é coma un culebrón, unha aventura de átomos que se atraen, ou se repelen e reaccionan violentamente entre si.
O vídeo forma parte dun programa da Comisión Europea chamado Marie Curie Actions para o intercambio de investigadores, cunha mensaxe: aprender máis ciencias.
Lembrade que xa neste blogue toparedes un vídeo emparentado con este: Ciencia versus Letras.
Recoméndovos ademais que premades aquí para ir a un post de Fogonazos: Diez Reacciones de la materia. Gustaravos seguro.
Vía Fogonazos

2 comentarios:
Agradezo o post, aínda que parece que trae algo de retranca... pero a verdade é que eu diso non che vos entendo moito...
Ben saberedes que o H ten 2 isótopos, ademais do hidróxeno máis abundante (A=1), o deuterio (A=2) e o tritio (A=3). Cando a auga está formada por átomos de deuterio fálase de "auga pesada". Alguén me podería dicir que isótopo do hidróxeno ten a auga que vemos no vídeo?
Un saúdo.
Así sería máis doado aprender química. Seguro!!!!
Que aprendan os profes... (e non vai por ti amigo bolbor!! jijiji)
Publicar un comentario