Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/06/08

Retos matemáticos... e non tanto (IX)

Estades preparados para a nova dose de retos? Dáme no nariz que desta vez non vos será tan doado resolvelos! (Esta é unha maneira coma outra calquera de provocar o voso orgullo dedutivo...)

Reto 1.- Dous astronautas soben a unha nave e parten cara ao espazo exterior. Chegan ao cabo duns días ao seu destino e o sorprendente é que, sen aterrar, baixan tranquilamente da nave, dan un paseo e volven subir á nave.
Como é isto posible?
Reto 2.- Antonte tiña 12 anos e o ano que vén cumprirei 15. É posible esta circunstancia?
Reto 3.- O explorador Manolito é capturado por unha tribo de caníbales da selva amazónica. Como última vontade antes de ser devorado, propóñenlle a posibilidade de morrer envelenado ou na fogueira. Para iso, Manolito ten que dicir unha frase de xeito que, se é verdade, morrerá envelenado mentres que se é mentira, morrerá na fogueira.
Como pode o explorador Manolito fuxir da morte usando o seu enxeño?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: 60 anos
Reto 2: Construír a mansión no Polo Norte
Reto 3: É unha cuestión de altura...

18 comentarios:

Anónimo dixo...

Oshidori ao teclado!
Hoxe e día un de xaneiro, antonte tiña doce pois cumplin trece onte, o ano que ven cumplirei quince pois este ano fago os 14.

Anónimo dixo...

e se aterrasen non nos estariamos referindo á Terra?

Oshidori

Anónimo dixo...

1º->porque non é na terra polo tanto non é aterrar( se fose na lua sería alunizar)
2º->hoxe é primeiro de xaneiro,enton antonte era 30 de decembro,e o 31 cumplín 13 anos, este ano que entra cumplirei 14 o 30 de decembro, e o ano que ven, o 30 de decembro farei os 15
3º->morrerei na fogueira

Anónimo dixo...

E q cando Marcos agudiza o inxenio.....profe...témome q temos novo competidor, toca repartir o pastel entre máis. Q desgraza! xDD



Asdo. Oshidori enfadado!

Anónimo dixo...

Oooooiii hoooo!!!
Anxinho, a ver se nos esmeramos un pouco máis... ou isto acabarase antes de comezar.
Pois por dicir algo, propoño outro:
Marcos, José Antonio e Enma mercaron tres bocadillo con 3,00€. Como ningún quixo invitar, cada un deles aportou 1,00€ que lles entregaron a Oshidori (que ese día actuaba de camareir@).
Logo dun tempo volve Ishidori e dille (sempre xeneros@) que lles fai un desconto de 0,50€. Cheos de ledicia, os nosos amigos danlle 0,20€ de propina a Ishidori e logo repártense os 0,30€ restantes. Como cada un pagou 1,00€ e recibeu 0,10€, en total acabaron poñendo 0,90€ cada un.
Pero claro, sendo así, entre os tres achegaron 3x0,90=2,70€ e tendo en conta que Oshidori se quedou con 0,20€ da propina... xuntando todo suma 2,90€!!!
Quen se quedou cos 0,10€ que faltan???

Saúdos.

Anónimo dixo...

Hala!! Que chulería!! Vexo que estades picados!

Vale, admítoo, respostas correctas!! Xa teño traballo para a semana que vén, ¡¡ buscarvos algo complicado!!

Porque o que vos puxo o amigo Bolbor tampouco é tan difícil. O que ocorre é que se me quere quedar coa sección... ¡¡ o que fai o aburrimento!! jajajajaja

bicos e apertas a moreas!!

Anónimo dixo...

Jijijijiji!!!
De momento xa leva máis que os teus... jijijiji!!!!
O de quedarme coa sección... pois... polos mesmos cartos, case que podes seguir ti con ela...
Un matemático saúdo.

Anónimo dixo...

Aiiisssh.....tereino q resolver non?
Non vaia ser q se me adianten por ai...
O enunciado ten truco! Non me esperaba isto de vostede, Bolbor...sempre tan tiquismiquis cos enunciados dos problemas...

Pois ben, é verdade que cada amigo (Marcos, Xose Antonio e Enma se quedan con 0,10€; é decir, que cada un ao final paga o,90€ (o,90x3=2,70). Estes 2,70 que me pagan os meus compañeiros (e aqui está o truco) inclúen xa a propina, vamos, que o que temos que sumarlle a 27 non é a propina, senón os 0,10€ cos que se quedou cada un (0,10€x3=0,30€);(2,70€+0,30€=3€)

Así que non sobran cartos...que che parece??

aínda que...co que me costa a min levar as contas non me vexo eu nunha situación así...E MENOS DE CAMAREIRA! por deus....q cousas...

Saudiños :))

Anónimo dixo...

**Metin a zoca, puxen 27 en lugar de 2,7.

De todos xeitos...Bolbor está picado! Bolbor está picado!
jijijijijiji

Anónimo dixo...

Grrrrrrrrrrrrr!!!!
Nunca entenderei aos alumnos!!, se o enunciado está clarísimo... entón é confuso, pero se está confuso... entón está clarísimo!!!!
Para min que o fan coa peor das intencións... queren que tolee!! (máis?)
Pois vai outro (Anxinho, é o último... jijijiji!!!).
Teño un primo que é inspector de facenda e foi visitar a unha cooperativa de xoieiros de Noia. Como son todos algo agarrados, pedíronlle pagar os impostos cunhas xoias no lugar de con cartos. Cada un deles entregoulle 10 moedas de prata que, aseguraban, pesaban 10 gramos cada unha.
Pero na familia, logo de que a vida nos castigase con múltiples enganos, somos bastante desconfiados e gústanos traballar sobre seguro e, antes de visitar aos xoieiros, o meu querido primo foi de ronda polo muelle do marqués e enterouse de que un dos xoieiros pretendía pagalle con moedas de 9 gramos.
No momento de recoller os pagos, pideulles que lle deixaran facer unha sóa pesada na báscula que había sobre o mostrador (ademais de desconfiados somos eficaces, aínda que nos persigue unha inmerecida fama de lentos... que, por certo, nunca nos atrapa), por se había alguén que pretendía enganalo.
Alguén sabe a pesada que fixo para lograr desenmascarar ao tramposo?

Anónimo dixo...

Uiiissss!!!
Coa furia non me acordei de felicitar aos sagaces alumnos que tan ben deron coas solucións. Haberá que ir pensando en poñer os exames máis difíciles... e para o trasno de pelo crecho, exame de dificultade especial...
Para que logo digan que ando picado...

Anónimo dixo...

estes alumnos sonche moi listos, amigo bolbor!!
Como nos queiran picar, ao final o van a conseguir...

País!!

Anónimo dixo...

Pois...como non fora un só xoieiro....

Gustoume ese enunciado, lucícheste profe!

Por certo, a ver cando nos ves facer unha visitiña...que agora estamos coa química e temos vacios...:(

Anónimo dixo...

Un día destes vou por aí con algo de tempo... sempre e cando resolvades o enigma. A ver, que se o fixo meu primo... non me digades que non o dades feito vós...

Anónimo dixo...

Vale, vale... se o queredes resolver igual tendes que saber que ERAN 10 XOIEIROS!!!
jijijiji!!! faltaba un dato....

Anónimo dixo...

O q eu dicia...fallan os enunciados meu benquerido profesor.

Anónimo dixo...

Como vexo que ninguén dá a resposta, véxome na "obriga" (como fai habitualmente o amigo bolbor) que ser eu quen o faga.
O proceso pode resultar complexo pero moi efectivo. Vexamos:

1º) collemos 10 bolsiñas que numeramos o 1 ao 10 e introducimos separadamente en cada unha delas as dez moedas que nos deron cada un dos xoieiros anotando previamente a bolsiña que lle corresponde a cada un (o trampeiro empezarase a poñer nervioso...)

2º) Agora toca extraer moedas ata deixar en cada unha das bolsas tantas moedas como indique o número de fóra... (a estas alturas o trampeiro estará pálido...)

3º) Collemos todas as bolsiñas e pesámolas todas xuntas. Loxicamente, se todas as moedas pesaran 10 gramos o peso total sería de 550 gramos
(1+2+3+4+5+6+7+8+9+10= 55)

4º) Como un dos xoireiros fixo trampa, está claro que pesarán menos.
5º) A diferenza entre o peso real e o "esperable" daranos o xoireiro impostor.

Por exemplo, se o peso fose de 544 gramos, como 550 - 544 = 6 , saberiamos que o que entregou as moedas que estaban na bolsiña co número 6 foi o trampeiro.

Hala!! Reto superado... ata a próxima!

Anónimo dixo...

Hai que dicilo, a solución foi impecable.
Agardamos entón...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.