Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/07/08

Cartelería galega

Berto Yáñez é o creador dun photoset con 873 cartaces galegos sacados da Rede de bibliotecas nodais de Galiza, que tamén creou os textos. As imaxes son propiedade do autor indicado na súa descrición. Se premedes nas ligazóns poderedes velos todos.
Tal como el mesmo indica:
"Os carteis son unha das partes máis importantes da nosa historia visual: anuncian, mostran, patrocinan, protestan e incluso berran. Os carteis transcenden o soporte e teñen un reflexo real que vai máis alá da simple disposición estética. Estan connosco desde que imos as primeiras veces ao médico, na escola, na rúa, nos bares, na universidade e en calquera ámbito nos que nos poidamos mover na nosa vida. Por iso son tan importantes. Cada cartaz que vemos e lembramos tráenos á memoria un momento vital máis ou menos importante dunha época que xa foi, onde había xente que nos quería dicir cousas mediante cachos de papel pegado nas paredes, e mesmo moitas veces parte de esa xente eramos nós mesmos".

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.