Recuperar a Rosalía en clave de jazz. Diso trata este proxecto de Abe Rábade. Recoméndovos premer nas ligazóns que vos deixo para escoitar e para saber como e onde xurdiu o proxecto. (O texto está tomado integramente da primeira ligazón)
Rosalía 21 (falcatruada’08) é unha revisión en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, figura central do Rexurdimento da literatura galega. Parte dun espectáculo multimedia nado no maxín do pianista Abe Rábade, e no que as voces de Guadi Galego (Nordestin@s, Espido, ex-Berrogüetto...) e do poeta Anxo Angueira musican o pranto dos versos de Rosalía. Un proxecto, porén, que non se queda na envoltura superficial, senón que supón toda unha renovación estética da temática rosaliana adaptada aos novos tempos: melodía, timbre, harmonía e ritmo. Pero tamén unha reivindicación de textos inxustamente esquencidos que, dous séculos despois de que o espírito torturado da poeta berrase, adquiren unha nova dimensión de actualidade.
A Nosa Terra
A Nosa Terra
1 comentario:
Escoitar música mentres lemos, un pracer no verán e todo o ano.
Boas e merecidas vacacións.
P.D. Seguimos en contacto, casi diario. No me pierdo nada.
Publicar un comentario