Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/07/08

Contra a contaminación

Os habitantes de Helsinki puideron contemplar unha enigmática nube verde sobre a cheminea máis alta da súa cidade. Esta forma parte dun proxecto artístico (un potente raio láser sobre o fume da principal central eléctrica) que pretende informar e concienciar aos cidadáns sobre o nivel do seu consumo enerxético e a necesidade de reducilo polo ben do medioambiente
A nube verde, situada sobre os 155 metros de altura da cheminea, medra ou non en función da actividade dos habitantes da cidade en cada momento, e permita facerse unha idea dos excesos enerxéticos que cometemos sen lles dar importancia. Se a nube se fai máis pequena, o consumo da poboación está medrando, mentres que se a nube medra significa que o proceso de aforro enerxético está dando resultado.




First 30 seconds of Green Cloud goes online from HeHe on Vimeo.


Vía Fogonazos

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.