Xa hai bastante tempo que navegando pola blogosfera atopei este vídeo da marabillosa serie Cámera Café analizado polas ávidas mentes do blogue de Nosolomates. Antes de nada, botádelle unha ollada:
Está? Non vos chamou nada a atención? Seguro? Vexamos: resulta que para a realización deste capítulo tiñan que simular unha oficina nova (a de arriba) que, en realidade, é a mesma que a de sempre. A técnica empregada consiste simplemente en voltear a imaxe de forma que todo o que estaba á dereita no piso de abaixo, pasa a estar á esquerda no de arriba, e viceversa. É o que en matemáticas denominamos unha simetría axial. Pois ben, fixádevos nos pequenos detalles e darédesvos conta de que, para gravar este sketch, os actores e actrices tiveron que facer un grande esforzo para que todo parecese "normal" xa que, traballaron á man cambiada cando simulaban que estaban na oficina de arriba. Un exemplo: cando Mari Mar mete a moeda na máquina de café, en realidade está a empregar a man esquerda se ben este efecto espello que provoca a simetría fainos pensar que o fai coa dereita. Non me credes? Mirade o video de novo e comprobaredes que hai varias cousas que parecen estrañas...
Ah! que xa o esquecía. Para entender mellor do que estou a falar, desde o blogue recoméndannos a lectura do libro "Alicia a través do espello", de Lewis Carrol, no que Alicia atravesa un espello e atópase nun mundo onde o que entendemos por dereita e esquerda se inverteu.
Agardo que vos guste esta entrada; eu tíñaa gardadiña como ouro en paño para poder ensinárvola e de paso recomendarvos que visitedes o interesante blogue de Nosolomates. Un recuncho perfecto para atopar anécdotas e curiosidades do mundo matemático.
Vía Nosolomates
8 comentarios:
Uiiii!!! case perfecto... pero a fibela delatounos. Se reparades na fibela do cinto de Arturo Valls cambia de mirar para a esquerda a mirar para a dereita.
Xa sei que o dixeches, pero se non fora así xa calquera se daría conta da técnica que utilizaron polo detalle que acabo de comentar (desta si que vai boa... bufff!!!)
Saúdos para todos.
Vexo, amigo bolbor, que a súa inmensa intuición permanece intacta no verán. Non sabe canto me alegro! E aínda diría máis: non se fixou nos botóns da chaqueta?
Unha aperta, amigo
Si, pero o comentario fíxeno pensando no público feminino. Gusta moito neste blogue... jijijiji!!
Saúdos.
E outra cousa, é curiosa a forma de escribir de Maricarmen Cañizares... nin que fora chinesa!!
Máis saúdos... hai que ver cantas parvadas se poden sacar dunha soa parvada... (principio da multiplicidade aparvada)
Pois eu preferia quedarme arriba,na nova,aver se estando todo o revés se me poño eu o dereito jaja..
Vaia vaia coas matemáticas... e cos homes que aclaran que o da fibela era para público feminino...que clásico... e escaso se non hai nada máis co que deleitarse!! En fin, bolbor, es todo enxeño e deléitannos as túas neuronas!
Parabéns Anxo e Gracia por terdes ánimo para seguir trafegando (ronseis) tamén no verán.
Saúdos agarimosos para todos
ui, ui, ui...si que a fixeches boa Rosa! Como se che ocorre alabar a Bolbor! Calquera lle atura agora os fumes!! Eu farei como a secre, irme á oficina de arriba para ver se me poño dereito, aínda que...pensandoo ben, eu son zurdo co que...non tería sentido, ou si, ou que sei eu!!
Saúdos agarimosos para todos!
Non diría eu tanto, querido Anxinho. Ti, que sabes de música, non che custará recordar aquilo de "every Rose has its thorns" de Guns N'Roses... e Rosa ten toda a razón, cando un intenta esconder que o parvo que é... pois soe dicir unha parvada ben grande a ver se pode taparse con ela.
Sempre é un pracer saber que hai vida en agosto... así que saúdos para tod@s.
Publicar un comentario