Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/08/08

El sol de los Scorta

Reglaoume meu pai este libro, El sol de los Scorta, de Laurent Gaudé hai xa algún tempo. E lamento tardar tanto en lelo, porque é unha pequena xoia que vos recomendo efusivamente. Un libro breve, de fácil lectura, que nos leva a unha Italia e a unha familia que podemos contemplar coma se alí estivesemos. Non é unha historia novidosa, a historia dunha saga familiar, claro, pero si o é o xeito de nos contar como o orgullo desta estirpe está na forza do sol desa terra tan extremadamente pobre, un orgullo que fai que saian adiante sexa como sexa, caia quen caia. Un tema de traxedia grega que nos engancha desde o principio e que nos impide deixar a lectura até rematala. Unha obra que podemos conectar con outras sagas familiares ao García Márquez e que poderiamos ver na gran pantalla, do visual que é. Unha moi boa lectura, a verdade. Un libro pequeno pero de gran tamaño. Así que... grazas papá. Por tanta poesía encerrada.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.