Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/08/08

Berenice Abbott

Berenice Abbott (1898-1991) é unha das grandes fotógrafas norteamericanas. En 1921 trasladouse a Europa, foi amiga de Djuna Barnes e Marcel Duchamp, durante os seus anos en París iniciou a súa serie de retratos a importantes personalidades do mundo da cultura e da arte, como James Joyce, Foujita, Coco Chanel ou Max Ernst
Pero é lembrada ante todo pola súa obra "Changing New York" na que reflectirá o vertixinoso cambio que sufriu a cidade entre os anos 1929 e 1939, e que configuraría para sempre a súa imaxe como a cidade dos rañaceos. Ademais, deixounos un soberbio documento social da figuras da cultura daqueles anos. Nesta cidade formou unha alianza coa crítica de arte Elizabeth McCausland, que duraría até a morte desta en 1965. McCausland escribiu o texto que acompañou ás fotografías de "Changing New York"
Desde os anos 40, explorou coas súas fotografías diversos fenómenos físicos. Realizou fotografías para o "Phisical Sciencie Studie Commitee", expostas despois como "The image of Physic".
Tamén publicou poemas na revista de literatura experimental surrealista-dadá Transition. E foi profesora até 1958 na New School for Social Research de Nueva York.
Fundou en 1947 a House of Photography para divulgar e vender os seus inventos: unha base para a distorsión de imaxes que creaba efectos inusuais sobre as imaxes reveladas en cuarto escuro e o "autopole".




as

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.