Irena Sendler foi unha heroína descoñecida debido aos anos de escurantismo comunista que a eliminaron dos libros oficiais de historia.
Cando Alemaña invadiu Polonia en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de Benestar Social de Varsovia, onde se manexaban os comedores comunitarios da cidade. En 1942 os nazis crearon un ghetto en Varsovia e permitían que os polacos controlasen o recinto por medo a unha epidemia de tifus. Irena conseguiu identificacións da oficina sanitaria, na loita contra enfermidades contaxiosas.
Comezou a poñerse en contacto con familias para ofrecerlles levar aos seus fillos e fillas fóra do ghetto. E debía convencelas. Porque os pequenos morrerían se permanecían nel.
Comezou a sacalos en ambulancia como vítimas de tifus, pero axiña collía calquera cousa ao seu alcance: cestos de lixo, caixas de ferramenta, cargamentos de mercadorías, sacos de patacas, cadaleitos...
Cando rematou a guerra, desenterrou os frascos e utilizou as notas para topar os 2500 nenos; puido reunir a moitos coas súas familias diseminadas por toda Europa, outras familias foran exterminadas nos campos de concentración nazis.
Os nenos só a coñecían polo seu nome en clave: "Jolanta".
Comezou a sacalos en ambulancia como vítimas de tifus, pero axiña collía calquera cousa ao seu alcance: cestos de lixo, caixas de ferramenta, cargamentos de mercadorías, sacos de patacas, cadaleitos...
Elaborou centos de documentos falsos con identidades novas para os nenos e nenas xudeus. E ideou un arquivo no que rexistraba os nomes dos nenos e as súas novas identidades; anotaba estes datos en pequenos anacos de papel e gardábos dentro de botes de conserva que logo soterraba baixo unha maceira no xardín do seu veciño. Alí gardou o pasado de 2500 nenos.
O 20 de outubro de 1943 foi detida pola Gestapo e levada a prisión para ser brutalmente torturada, pero nunca traicioou os nenos. Foi sentenciada a morte, mais o soldado que a levaba deixouna fuxir por ser subornado pola resistencia; desde entón tivo unha identidade falsa.Cando rematou a guerra, desenterrou os frascos e utilizou as notas para topar os 2500 nenos; puido reunir a moitos coas súas familias diseminadas por toda Europa, outras familias foran exterminadas nos campos de concentración nazis.
Os nenos só a coñecían polo seu nome en clave: "Jolanta".
Morreu o 12 de maio deste ano con 98 anos de idade. No ano 2007 o goberno de Polonia presentouna como candidata ao Premio Nobel da Paz, que lle foi concedido a Al Gore.
1 comentario:
Obrigado pola referencia. Feliz curso.
Publicar un comentario