Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/08/08

O vertedoiro das viúvas

Ser viúva na India significa sufrir a morte social. Cando morre o marido dependen dos parentes quen prefiren librarse do sustento desta. 13000 delas mendigan cada día na cidade sagrada de Vrindaban.
As viúvas son de mal augurio na India. Ás veces dise que son a causa da morte do marido. Segundo o Código de Manu, unha das escrituras sagradas máis antigas, unha muller non será nunca independente. Os fillos moitas veces quedan con todo ao morrer o pai. Aínda que a lei recoñece o dereito das viúvas a herdar, na práctica moi poucas veces ocorre.
O número de mozas sorprende. Débese ao costume de casar nenas con homes maiores. E un segundo matrimonio é case imposible.




Le o artigo completo aquí.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Realmente, increible

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.