Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/08/08

Se non o ves

Esta curta publicitaria, producida e realizada na India, foi galardoada con varios premios internacionais de publicidade.
"Se non o ves, ¿sabes o que perdes?":

67 persoas (incluíndo os creadores)
aceptaron doar os seus ollos
despois de ver este anuncio.
Se queres facer o mesmo
contacta
“Eye Bank Association of India”

Para algunhas persoas que perderon a visión, o trasplante de córnea é a única alternativa de recuperala. A maioría das persoas poden ser doadores de ollos.




Holi, ou o Festival das Cores, é unha festa popular que se celebra en primavera na India, Trinidad e Nepal, e dura dous días. Durante as festas, a xente pasa un día botándose auga coloreada e terras de cores. Ten un simbolismo curativo, xa que os pigmentos están feitos de plantas medicinais.

Vía Todas

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.