Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/09/08

Número 1000

Incrible, pero certo. Post número 1000. Un ano despois.

Aturou unha vida complicada. Cun parto difícil e unha xestación sorprendente, expulsado violentamente dun útero materno que non o aceptou, debeu buscar rapidamente outro para non morrer na agonía do neo-nato, foi medrando primeiro con temores e rancores, con odios e sufrimentos, para ir pouco a pouco cobrando ledicia ata que estivo a piques de ser asasinado por mans estrañas e confusas, agochadas en falsas aparencias, tivo que aprender a difícil lección da supervivencia e comprobou anonadado como entre ofuscacións e maledicencias sempre hai mans amigas apoiando. E seguiu, a pesar de envexas e mentiras, medrando pouco a pouco, ás veces mesmo afogando na dúbida de merecer seguir existindo.
E como todo ser humano que sofre de amores e desamores, continuou o seu camiño en solitario, afastándose do percorrido que transcurría a carón das Bibliotecas Escolares, a quen tanto ama, para proseguir só, sabéndose acompañado na distancia. E foi evoluíndo e madurando, porque ao fin, non se deixou vencer por inimigos e comezóns.
Un ano despois, 1000 post e máis de trinta mil visitas, o blogue segue e seguirá, amosando todo aquilo que lle amola ou lle comprace, en galego. Porque esta é a súa principal misión, achegar na nosa lingua aquilo que na rede nada noutras linguas, dirixido a quen queira achegarse para pasar un momento: con humor ou sen el, para aprender ou para reflexionar, para saudar ou para pasar de longo. E por riba de todo, a Igualdade da Muller e a loita polos Dereitos Humanos.
E mentres estes pasos van afianzándose, un reto máis: conseguir aumentar o número de comentarios, porque un blogue sen eles sofre até morrer.

Grazas a todos e a todas por facer posíbel a nosa existencia.


14 comentarios:

Eifonso Lagares dixo...

Felicidades y seguir avanzando, hoy este blog ya es un referente en Galicia.

Saludos

Anónimo dixo...

Dá gusto ver o traballo ben feito. Seguiremos aprendendo con vós. Apertas

Brétemas dixo...

Beizóns. O voso blog é unha das miñas lecturas primeiras e diarias. O voso é un mantío inesgotables. Reitero os parabéns.

Anónimo dixo...

Moitisimas felicidades. A chegar ás duas mil (e que eu o vexa)

Anónimo dixo...

Está craro que a ese número só se chega traballando moito, e ben. Mentres nos imos achegando miramos e aprendemos. Parabéns!

Anónimo dixo...

MIL MIL-leiros de grazas por estas MIL perlas rescatadas dun inmenso e produtivo mar. Pescadores de sorrisos, de poesías, de imaxes, de cinema, de músicas e de sons, de enxeño e de números, de MIL cousas presas na rede virtual que arrastra esta fermosa dorna. Atacada por monstros covardes que soben do fondo cara a noite, desorientada por falsas luces de falsos faros gobernados por vixías cegos... pero a dorna segue navegando, debuxando un ronsel del MIL estrelas...
Que ben sóa... MIL... trinta MIL... rima con todo, ata con autobús.
Parabéns a MILes...

Paramio dixo...

Se puede decir más alto, pero no tan claro. Me alegro mucho de que continuéis hacia adelante, con más bríos. Ahora sólo me queda esperar para poder leer la 1001. ¡Enhorabuena!

paideleo dixo...

Noraboa e que siga esta produción tan intensa e amena.

MESTURAS dixo...

Claro que lembramos un Trafegando Ronseis recén aparecido hai un ano e mira onde chegou xa. Ignoramos o que está por vir pero coñecendo a quen anda detrás seguro que non defraudará. Bicos desde Pontevedra

Anónimo dixo...

Os meus parabéns a Gracia e Anxo por estas 1000 entradas e por todas as que virán cargadas de maxia e reflexións.
Bicos dende Arzúa

Anónimo dixo...

Sei que a miña benquerida compañeira me vai "matar" por escribir isto aquí, pero, chegados a este punto da nosa aventura blogueira, quixera darlle as miñas máis sentidas grazas por permitirme compartir este humilde recuncho cibernético con ela.
Ah! e sobre todo por soportar estoicamente as miñas etapas de vagancia recoñecida jejeje

bicos e apertas a moreas

Anónimo dixo...

Veeeña vaaale
deixo a miña vagancia innata de lado pra felicitarvos de todo corazón porque o merecedes!
Eu non seria capaz de manter isto con tanta vida...o cal indica que sodes bastante/moito/moitisismo mais responsable do que eu poida chegar a ser na miña vida...xD

Un bico e unha aperta grande coma un mundo!

PD: Encantoume vervos hoxe, bueno, exceptuando a Anxo; pero xa case case podo confirmar que teño ganiñas de empezar o curso..

Antonio Martínez dixo...

Aínda que co retraso innato en min, quixera felicitarvos e darvos os meus parabéns
Sodes un referente para estar ao día nos temas que vós/nós interesan.
Parabéns.

Montse dixo...

MOLTES FELICITATS DES DE LLEIDA!
Felicitaciones con retraso pero muy grandes y afectuosas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.