Este cómic, do mesmo autor que Los combates cotidianos, Lacernet, reflicte a volta ao campo dunha parella urbanita e o desasosego que este cambio provoca, así como a dificultade para a adaptación ao novo medio, o que constiuirá todo un reto, sobre todo a incapacidade para comprender o xeito de pensar e de ser da súa nova veciñanza. E todo iso cunha sorna eficaz para ver desenganos e cómicas situacións que son todo unha delicia. Contado a través de curtos gags dunha soa páxina que o fai, se cabe, máis atraente. E como creo que debe ser habitual neste autor, cunha sinxeleza de personaxes, case infantís, nos que sobresae a súa expresividade. Todo un descubrimento, para min, claro.


Sen comentarios
Publicar un comentario