Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/10/08

Henriette. Demasiados sueños


Estoutro cómic non me gustou tanto coma o anterior, aínda que é, pola contra, moito máis recomendábel para o público xuvenil. A protagonista é unha mociña con non moita sorte fisicamente falando (e segundo os cánons establecidos) pero cunha vida interior moi rica e chea de ilusións e proxectos entre os que se atopa o desexo de ser escritora. Os autores preséntannos unhas amigas antagónicas coas que xoga en inferioridade de condicións, así como uns pais fuxidíos que ignoran a súa idade, ante todo o cal a protagonista debe fuxir ao seu propio mundo onírico que se nos sinala en imaxes planas. Conseguen uns personaxes moi reais e expresivos.

Os autores son Philippe Dupuy e Charles Berberian. Publicado por Alfaguara.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.