Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/10/08

A filosofía e unha vida máis forte cá vida

Recoméndovos esta entrevista a Alain Badiou, filósofo francés de esquerdas que postula como condicións da filosofía a política, a arte, o amor e a ciencia. A súa obra, pola súa sistematicidade e a súa consistencia, podería compararse coa de Hegel, sendo ao mesmo tempo matemático, novelista, dramaturgo, militante...


Premede aquí para ler toda a entrevista:

"Designo materialismo democrático á ideloxía dominante contemporánea. Cadaquén ocúpase dos seus intereses ou da súa felicicidade, os que consisten na adquisición e no consumo de bens dispoñibles no mercado".
"Maio do 68 é un acontecemento porque marca a fin do revolucionarismo clásico".
"Sarkozy chegou ao poder xogando cos medos dos franceses. Medo dos estranxeiros, medo da xuventude popular, medo do porvir, medo da guerra... Ao mesmo tempo, alimentaba eses medos cunha política policial no interior e sometida aos americanos no exterior".


Vía


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.