Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/10/08

Mulleres pola paz

Un grupo de mulleres pacifistas israelís e palestinas traballan para lograr a paz con dignidade.
Machsom Watch (Vixiancia de puntos de control-checks-points) é unha organización dunhas 500 mulleres israelís e palestinas que se sitúan en diferentes checkpoints de Xerusalén e Cisxordania para denunciar o abuso de poder das Forzas de Defensa Israelí contra a poboación árabe.
É unha organización exclusivamente de mulleres. Fundouse en xaneiro do 2001 en defensa dos abusos e violacións sistemáticas dos Dereitos Humanos cando centos de palestinos cruzaban os checks-point. O que fan en primeiro lugar é supervisar o comportamento dos soldados e da policía nos diferentes postos de control; asegúranse de que non se cometan abusos da poboación civil e se se cometen actos violentos, vexacións ou calquera tipo de ilegalidade ou extralimitación por parte de militares israelís, a organización encárgase de denunciar a situación divulgando as imaxes e testemuños aos diferentes medios de comunicación.
Xunta a esta organización traballa a internacional "Mulleres de Negro", mantendo actividades conxuntas. Este movemento creouse en decembro de 1987 -ao comezo da primeira Intifada- por varias mulleres seguindo o modelo das Nais da Praza de Maio arxentinas. Todos os venres as mulleres vestidas de negro -signo da traxedia que sofren os dous pobos- alzan unha man negra que reza "Alto á ocupación"; comezou en Xerusalén e estendeuse por todo o país e o mundo.

Vídeo: O día a día do check point de Kalandia.






Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.