Levo xa varios días sentindo e vivindo momentos que para sempre quedarán presos na miña memoria. Cunha toalla ao meu carón para limpar a baba que cae dos meus beizos. Cun sorriso perpetuo de complicidade. Non sabería como explicalo. Supoño que tod@s @s que con anterioridade pasastes por isto me poderedes entender e sabedes perfectamente do que estou a falar.
Esta é unha pequena homenaxe para o noso amigo bolbor e para min mesmo "por todo o que se nos vén enriba", que demo!
6 comentarios:
PARABÉNS!!!!!!!!!!!!
Toda a felicidade do mundo.
Apertas dende Fene
Felicidades. A sentimentos que dificilmente son expresables mais tentar compartilos é sempre marabilloso.
E eu son tía por partida dobre. Case na!!!
Logo parabéns á tía tamén.
Que malos son os ciumes!!!!
Ciúmes? Se eu xa cumprín...
Ai como está esa comprensión lectora!!!!
Ciúmes dos parabéns...
Publicar un comentario