Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/10/08

Sen carbón

Activistas de Greenpeace proxectan imaxes dos futuros efectos do cambio climático sobre as torres de refrixeración da central térmica de carbón de As Pontes con mensaxes coma "Carbón= Cambio climático". España é o cuarto país consumidor de carbón da Unión Europea.
A central térmica de As Pontes, escenario da acción de Greenpeace y propiedade de Endesa, é a maior fábrica de cambio climático de España e unha das maiores de Europa. Consome preto de nove millóns de toneladas de carbón, o que supón máis do 20% de todo o carbón consumido en España, e recibiu gratuítamente o 80% dos dereitos de emisión no período 2005-2007.



Máis información

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.