Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/10/08

O boneco



Este álbum ilustrado máxico, sen palabras, por seren innecesarias -lembrades que hai máis dun ano faleivos doutro libro sen palabras impresionantes: Emigrantes de Shaun Tan?-, obra de Michel Alzéal (Antibes, Francia, 1970) fala dun avó que marcha para o asilo/exilio deixándolle ao seu neto un boneco de trapo, o seu xoguete máis prezado, pero o neto, con outros costumes, esquéceo nun andel. Temos así unha historia sensible e intensa, cuns debuxos marabillosos, que nos falan do inexorable paso do tempo e das relacións interxeracionais cos seus cambios e abismos... insalvables?
Un deses libros que dá gusto ter entre mans, tal como nos ten acostumada a editorial Kalandraka, ou, neste caso, Faktoría K.









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.