Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/08

Dalí e o cinema

Vía Iniciarte entérome desta interesante reportaxe: Salvador Dalí, ademais de colaborar no cine con Luís Buñuel (Un perro andaluz, 1929), con Alfred Hitchcock (Recuerda, 1945), fixo unha pequena incursión no cinema de animación da man de Walt Disney en 1946.
A partir da canción de Armando Domínguez, "Destino", deseñou un story-board do que tan só se chegaron a filmar 20 segundos. No ano 2003, Roy Disney e o produtor Baker Bloodworth desenvolvérono coas indicacións do propio Dalí.






2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Sempre nos quedará a arte para unirnos...
Bicos desde INICIARTE

Ronsel dixo...

Agardo que nos una moito máis. Grazas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.