Supoño que despois de ler Expiación, Ian McEwan teno difícil comigo: é case imposible que lea unha obra súa que me guste tanto. Pero teño que recoñecer que esta novela curta sorprende amablemente: o retrato dunha parella nova antes da revolución sexual no seu día de vodas. O incrible é que o autor ponse de parte dun dos dous protagonistas despois da metade, e sabémolo porque se acabará centrando nel para contarnos as súas posteriores peripecias. Unha mágoa, a verdade, que rexeitara a proposición dela, a min pareceume fantástica.
Hai momentos realmente emotivos. Non podo falarvos deles porque desgranaría o libro, e non é cuestión. Lembro sobre todo un, o motivo da fuxida dela, que resulta apaixonante. E hai poesía nas súas liñas. Ademais dunha ambientación fantástica, con tenrura e sensibilidade. Un xeito diferente de falar de relacións persoais, sexo e tabús, incluída a falta de comunicación entre a parella, motivo real no que se basea a relación ou máis ben o fracaso da mesma.
Moi recomendábel.

1 comentario:
Suscribo este comentario en todas as súas palabras. Parabéns, Miro.
Publicar un comentario