Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/11/08

El niño con el pijama de rayas, o filme

Sinceramente, tíñalle bastante medo ao visionado deste filme, non só porque ver unha película despois de ler un libro é normalmente un fracaso, senón pola propia trama en si mesma. Por suposto, o bo do libro, o final (o resto non me parece como para tanto éxito), é sabido, polo que me interesaba saber como o director, Mark Herman, tiña pensado ofrecérnolo. E é, desde o meu punto de vista, o mellor da cinta. O resto é un pouco frío, pero non sei se habería moitas posibilidades de destacar a inxenuidade do neno ante os acontecementos doutro xeito. Aínda que eu non me acabo de crer que un neno sexa tan cego, igual me ocorreu ao ler o libro. En fin.
Agora agardo os comentarios do alumnado de Diver, para saber que lles pareceu a eles, porque nunca estiveron tan calados, polo que intúo que debeu ser un éxito.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Coincidimos máis unha vez. Libro e película se se ollan como "fábula" aínda, mais se pensamos na historia son un atentado contra a verosimilitude. De todas maneiras é unha forma doada de achegar este tema ao alumnado, pouco importa que eu ou ti prefiramos por exemplo "O pianista". non é?
Saúdos do Miro

Anónimo dixo...

Pois a película está moi ben.

Vese como un neno como non ten amigos fai todo o posible para telos.

a verdade é que si nunca estivemos tan calados.

Anónimo dixo...

A película gustoume moito; aínda que o final emociona algo xa que a morte do neno foi moi cruel.

Anónimo dixo...

A pelìcula gustoume pero o final non o esperaba asi.

Anónimo dixo...

A película non me gustou porque matan a moita xente inocente, mátanos por ser xudeus e isto non é razón para matar a unha persoa e menos a miles de nenos pequenos.

Anónimo dixo...

A pelicula está bastante ben.conta unha historia real aínda que é un pouco impactacte sobre todo o final.

Anónimo dixo...

Gustoume moitííííísimo a película. Está moi ben.

Anónimo dixo...

É moi lenta. O único máis ou menos interesante foi o final, cando morren os dous nenos. Se liches o libro, a película non che interesará moito. Pero aínda así, está bastante ben.

Anónimo dixo...

A película está moi ben, trata sobre a vida que levaban na época nazi só que o impactante está ao final.

Anónimo dixo...

A película non me gustou porque matan a xente que é inocente e que morre sen ningunha culpa.

Anónimo dixo...

A película gustoume porque os protagonistas teñen un papel moi importante.Tamén me gustou pola amizade entre o neno xudeu e o de raza aria

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.