Onte foi un día moi especial, xa que un ex-alumno invitoume á súa voda (non todos me odian!), unha voda "diferente" por tratarse dunha voda homosexual con temática dos anos 60. A "oficianta" puxérase en contacto comigo para formar parte da cerimonia, e pensei que o mellor que podía ofrecerlle a Fran era a poesía. Cando saín, vin como quedaba abraiado: sabía das outras persoas que ían falar pero non contaba comigo. Despois de explicar a nosa relación tan especial, expliquei que dúas eran as razóns que me empurraban a estar alí: falar e ler en galego nunha voda íntegra en castelán, e a segunda e non menos importante, a presenza da poesía, porque Amor e Poesía van intimamente unidos e porque Fran era un gran amante desta. Aquí comezou a chorar e non puido parar ata que finalicei. O mozo, inmigrante, comentaba que debía ser moi bonito o que eu lía pero que el non entendía nada, e Fran seguía a chorar... E eu comporteime, aínda que creades que non! Foi moi emotivo.
Tiven que escoller entre estes poemas que levaba para que non se fixera tan longo, pero aquí volos deixo:
Grazas, Rosa, pola axuda, coma sempre.
Que sexas moi, moi feliz, Fran.
E para que botedes unhas gargalladas gratuítas aquí me tedes anos 60:
Tiven que escoller entre estes poemas que levaba para que non se fixera tan longo, pero aquí volos deixo:
Grazas, Rosa, pola axuda, coma sempre.
Que sexas moi, moi feliz, Fran.
E para que botedes unhas gargalladas gratuítas aquí me tedes anos 60:
5 comentarios:
ibamos todos estupendos ademais do emotivo de que se case o fragueiro sempre é un pracer compartir mesa contigo
despois de moito tempo dicindoche que escribiria hoxe tocou jajaj
e que anduven algo liadilla xa sabes
un bico e non cambies nunca
pero mira que mona!!!non a pareces jaja
bicos da secre
Poesia i amor binomi fantàstic.
Encantadora recitadora de poemes, Gracia.
Ó certo é que é tarde, pero mellor tarde ca nunca. Lémbrome como caían as miñas bágoas pola miña face o escoitar as palabras sair con ese tanto amor dos teus labios. Queridisima Garcia eras ti tan imprescindible namiña voda como as propias alianzas, se non poideras haber vido, ouvera retrasado oque fora preciso.De todo corazón gracias por cruzarte no meu camiño,primeiro coma docente, despois coma amiga ´máis tarde coma confidente ,e agora coma necesidade para seguir cultivando alegrías e facendo arte sexa co´n lá con cancións ou con sorrios
Grazas Fragueiro. Sabes que sempre serás un dos meus imprescindibles. Porque ti e outras coma ti axudan a facerme como persoa. Xa sabes canto te quero!
Publicar un comentario