Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/08

El señor Jean, el amor, la portera


El señor Jean, cómic publicado por Norma Editorial, de Phillipe Dupuy e Charles Berberian, fala da vida dun pobre escritor a quen a vida trata máis ou menos ben, máis ou menos mal. A porteira ábrelle a correspondencia, non o respeta até que o ve na televisión, sofre amores e desamores... unha vida bastante crible que nos achega a historia, cuns moi bos debuxos e unha serie de historias curtas. Parece que ten continuidade noutros catros álbums que van mellorando, pero non é dos cómics que máis me gustou nin que recomendo con fervor; déixase ler para logo esquecelo.
De todos os xeitos, intrígame como evolúe este personaxe e tentarei ler os catro libros que quedan. Xa vos contarei.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.