Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/08

A ferida



Este libro de Begoña Paz é un libro de relatos protagonizados todos eles por mulleres; mulleres que senten, mulleres que sofren, mulleres que ven pasar a vida tentando amar, odiar...
Algúns dos seus relatos son totalmente desgarradores e ferintes, outros son entrañables... ningún deles indiferente. Linos agora todos para topar aqueles que o ano pasado a aprezada Concha me recomendara para o traballo contra a violencia de xénero, linos nun día porque todos eles me interesaban, e en todos eles podemos atopar calquera dos sentimentos que entorpecen e murmuran o noso andar cotián: hai soidade, hai violencia, hai desexo, hai amor, hai sexo, hai compaixón...

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.